A outra parte do porto é o peirao comercial de Mirasol, onde se realizan as cargas de mercadorías. Principalmente, pasta de papel procedente da factoría de ENCE-Navia. A súa produción é dunhas 400.000 toneladas anuais, que converten a este porto nun dos principais de Galicia. Ademais, son habituais as cargas de madeiras de piñeiro, eucalipto, caolín ou magnesita.