Oficina de Turismo de Ribadeo
Dirección:
Dionisio Gamallo Fierros ,7
27700 Ribadeo
Horario:
O horario de inverno é de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. O horario de verán é de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Correo electrónico:
Web:
Descubre Ribadeo a través dos nosos percorridos guiados a través do seu patrimonio natural y cultural.
Unha vez en Ribadeo, os medios de transporte sostibles poden ser unha boa alternativa para moverte polo municipio. O bus, o tren ou a bici estarán á túa disposición para facilitarche o desprazamento dun lugar a outro.
En bus
Situada na Avenida Rosalía de Castro, dende a estación de autobuses de Ribadeo, operan varias compañías. A través dunha delas, ARRIVA, poderás conectar o centro da vila con diferentes puntos do municipio.
Teléfono: 981 33 00 46
Importante
Durante o verán (xullo, agosto e setembro) a mesma compañía ofrece un servizo autobús lanzadeira que comunica a vila coa Praia das Catedrais. A 1ª saída é dende a Oficina de Turismo.
Usando este autobús poderás evitar as complicacións derivadas de aparcar na contorna do areal, contribuíndo ao seu desconxestionamento de vehículos e colaborando na preservación dun espazo natural singular polos seus valores paisaxísticos e ambientais.
Ademais, co ticket do autobús terás a entrada asegurada ao areal, xa que este funciona como autorización para visitar a praia das Catedrais.
En tren
Polo litoral do municipio pasa a liña Ferrol-Xixón de Ferrocarrís de Vía Estreita, con apeadeiros en Esteiro (próximo á praia das Catedrais), Os Castros, Rinlo e Ribadeo.
Esta é unha moi boa opción para gozar destas paisaxes costeiras.
Taxis turísticos
A parada de taxis está situada na Rinconada de San Francisco, á beira da Igrexa parroquial de Santa María do Campo.
Os taxis de Ribadeo dispoñen dun servizo turístico, unha maneira alternativa de visitar Ribadeo e a súa contorna, pois ofrecen diversos itinerarios para coñecer e descubrir os encantos do seu territorio.
Servicio de Taxis de Ribadeo/ Tele taxi
Rinconada San Francisco, s/n – 27700 Ribadeo
Teléfono: 982 128 111
Teléfono: 646 060 505
teletaxiribadeo@hotmail.es
En Bicicleta
Se queres moverte en bicicleta, no centro da vila podes atopar servizos de alugueiro de bicicletas, consulta a información na oficina de turismo.
Oficina de Turismo de Ribadeo
Dirección:
Dionisio Gamallo Fierros ,7
27700 Ribadeo
Horario:
El horario de invierno es de martes a sábados de 10:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 horas. El horario de verano es de lunes a domingos de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 horas.
Correo electrónico:
Web: