Ademais do noso rico patrimonio cultural, Ribadeo destaca internacionalmente polos seus recursos naturais e paisaxísticos: unha reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”; dous espazos encadrados na Rede Natura 2000 ZEC Ría de Ribadeo e ZEC As Catedrais; unha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e Humidal protexido (RAMSAR): Ría de Ribadeo; e un Monumento Natural, a Praia das Catedrais. Todos eles permitiranche gozar e desconectar da rutina diaria.
Estamos tamén, ante un paraíso para a práctica de todo tipo de deportes ó aire libre: sendeirismo, BTT, ecoturismo, paseos en barco, surf, kitesurf, canoas, piraguas, parapente, son algunhas das moitas actividades que Ribadeo ofrece para coñecer os seus espazos naturais dunha maneira singular e respectuosa co territorio.