A súa orixe está no proceso erosivo do mar; a ondada vai socavando os materiais da parte baixa do cantil e retirándoos, de modo que se vai afondando na rocha mentres á altura do mar adoitan darse depósitos sedimentarios que en ocasións forman praias. Cando o teito destas cavidades cae, pode formar os chamados bufadoiros, se a abertura é estreita e profunda, ou os arcos, ao caer todo o teito.