Cetaria do Porto

Unha cetaria é un viveiro comunicado co mar no que se crían crustáceos destinados ao consumo.
Despois das de Malpica e Cariño, a comezos do século XX, construíuse a cetaria de Rinlo, aproveitando unha entrada natural do mar na paraxe do «Estornín».

A finalidade era manter o marisco vivo tras a súa captura na época de abundancia e telo dispoñible para a súa venda en momentos de maior demanda que, ademais, coincidían coa veda da súa captura, normalmente verán, e outras datas sinaladas como Nadal ou Semana Santa.

A idea xurdiu dunha veciña de Ortigueira, Dna. María Luisa Soto, que se deu conta da abundancia de marisco na zona. A propiedade foi pasando por varias mans e tras a Guerra Civil quedou en mans de D. José Vázquez Oroza.
As especies de marisco que se comercializaban eran: centola, boi de mar, lagosta, lumbrigante, camarón e nécora.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER