Apartamentos turísticos

Situado nunha paraxe natural de inigualable valor paisaxístico, dende o que, nas apracibles tardes de primavera-verán, o remanso das augas convida o descanso, ao relax… e nos crus meses de outono-inverno poder deleitarse co bater das ondas rompendo contra as rocas.

Apartamentos turísticos

Ubicados no pobo mariñeiro de Rinlo, xurdiron da rehabilitación dunha taberna –tenda aberta desde o ano 1948 ata o 2007, data en que se transforma en dous apartamentos e unha pequena tenda de alimentación e prensa.

Apartamentos turísticos

Situados no corazón de Ribadeo, a 50 metros da Praza España e A Torre dos Moreno, Apartamentos Escuder é un negocio familiar que ofrece ao viaxeiro 7 acolledores apartamentos turísticos con todas as comodidades necesarias para estar como na casa.

Apartamentos turísticos

Situados no centro de Ribadeo conta con instalacións acolledoras dotadas con todo o necesario para proporcionar unha estancia placenteira.

Apartamentos turísticos

Os seus apartamentos permiten gozar da natureza en estado puro. Apartamentos rurais situados nunha zona de campo e afastada do bulicio, pero a 3 km do centro de Ribadeo e a 5 km da Praia de As Catedrais. Todos eles de pranta baixa con saída directa ao exterior, rodeados de xardín con zonas de estar e un pequeno parque infantil.

Apartamentos turísticos

O “Castro de Villaosende” é o lugar ideal para empaparse da natureza no seu estado máis puro, ao formar parte da Reserva da Biosfera Oscos-Eo e Terras de Burón e a proximidade da Ría do Eo, nomeada pola Unión Europea como Zona ZEPA

Apartamentos turísticos

Os Apartamentos Turísticos Bouso atópanse nunha contorna rural e tranquila en Vilaframil, a tan só 4 km de Ribadeo. A nosa contorna constitúe unha das máis apreciadas pola súa variedade de posibilidades de lecer, xa que, pola súa situación xeográfica, a Mariña Lucense atópase tan preto da montaña como da praia.

Apartamentos turísticos

Situados na Devesa, nun lugar privilexiado pola proximidade á praia de As Catedrais e á vila de Ribadeo. Están pensados para todo tipo de clientes. As familias con nenos poden gozar do campo; as persoas maiores e as persoas con diversidade funcional non teñen barreiras arquitectónicas en todo o edificio, o que lles facilita a mobilidade; grupos de amigos teñen posibilidade de reunirse no anexo.

Apartamentos turísticos

VillaCordido, nace en homenaxe ao esforzo e sacrificio que a nosa familia realizou ao longo dos anos. Cada detalle foi pensado e estudado para que os nosos hóspedes se sintan como na casa e poidan coñecer un pouco da vida gandeira e do pobo do Vilaframil en Ribadeo, así como de toda A Mariña Lucense que tantos lugares con encanto ofrece.
Goza, reláxache e síntete como na túa casa.

Apartamentos turísticos

A vila conta con terraza. O establecemento alberga un xardín con grellada e nas inmediacións pódese practicar sendeirismo e pesca.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER