HOTEL

O hotel é unha casa indiana do ano 1906, que foi restaurado como un pequeno hotel boutique, de 9 habitacións moi amplas con baño. Destaca pola comodidade, illamento acústico e deseño das súas estancias, o luxo do seu salón social e os servizos personalizados a cada hóspede. Todas as habitacións dispoñen de aire acondicionado.

HOTEL

O Parador de Ribadeo é un excelente miradoiro sobre a Ría, un casarón galego na desembocadura do río Eo situada nun fermoso pobo mariñeiro e turístico, rodeado de verde e mirando ao mar. Esta magnífica situación, na fronteira de Galicia con Asturias, permitirache contemplar vistas únicas da paisaxe galega, da ría de Ribadeo e das aldeíñas asturianas da outra beira.

HOTEL

Está situado nunha das zonas privilexiadas de Ribadeo, a maioría das súas habitacións, teñen a súa propia terraza sobre a ría do EO.
Situado no centro da vila, a tan só 150 m. do Concello e do Parque ou Praza de España, onde se desenvolve a vida comercial e de lecer.

HOTEL

O Hotel Casarón de Lazúrtegui está situado no número 26 da rúa Julio Lazúrtegui. Os seus muros de pedra revestidos con madeiras nobres e a restauración dos elementos da casa trasládannos a finais do 1800, anos nos que Julio Lazúrtegui construía o tren entre Villaodrid e Ribadeo para o transporte de mineral.

HOTEL

O Cabazo é un establecemento hostaleiro de 3 estrelas superior que conta cun total de 42 habitacións. Ofrece unha privilexiada localización, xa que está situado nunha zona residencial tranquila a escasos 5 minutos a pé do centro de Ribadeo, rodeado de xardíns e amplas zonas verdes.

HOTEL

Se o que buscas é un hotel a 5 minutos da praia das Catedrais; no que gozar da boa gastronomía e dunha contorna incomparable… o hotel A Vila é o teu lugar. Ademais, o hotel está situado a 4 km do centro urbano de Ribadeo.

HOTEL

A súa localización é ideal para coñecer a Mariña Lucense, así como o oeste de Asturias, con quen fai fronteira a ría de Ribadeo. Un breve paseo levarate ao centro do pobo, e a 8 km atoparás a incrible praia de As Catedrais.

HOTEL

Situado nunha contorna privilexiada, no Porto Deportivo de Porcillán, a tan só 50 metros do mar, e elevados nun pequeno outeiro cara ao Ribadeo máis antigo, o hotel conta con tres decoracións distintas, sendo «mariñeiro» o primeiro adxectivo que o define.

HOTEL

O hotel atópase en pleno centro da localidade fronte á Praza do Mercado. A 10 minutos da Praia das Catedrais e a 700 metros do porto deportivo. Consta de 28 habitacións exteriores.

HOTEL

O hotel atópase no peirao deportivo, pegado ao club náutico, cunhas vistas inmellorables á ría de Ribadeo. Nas nosas instalacións contamos con 18 cuartos dobres completamente equipados, así como cunha sala de spa con jacuzzi e unha piscina climatizada.

HOTEL

O hotel é unha casa indiana do ano 1900, que foi restaurado como un pequeno hotel con encanto, de 10 habitacións moi amplas con baño. Destaca pola comodidade das súas estancias, a amplitude e deseño dos seus salóns e especialmente o seu amplo xardín.

HOTEL

Situado nunha contorna privilexiada da comarca de Ribadeo, concretamente en As Barreiras, a súa filosofía aséntase en dous pilares: a presenza indiscutible do sabor galego na súa cociña e un servizo coidado e personalizado na parte da hospedaxe.

HOTEL

Situado nun lugar privilexiado, na Devesa, nos arredores de Ribadeo moi preto da praia de As Catedrais, este hotel rural con encanto presenta unha temática cinematográfica, cada habitación presenta unha coidada decoración individual inspirada en películas lendarias, como as de James Bond ou Desayuno con diamantes.

HOTEL

Situado a 100 metros do porto deportivo e inmediato ao parque municipal e a zona peonil, as súas habitacións están decoradas con mobiliario moderno nun ambiente clásico onde a pedra e a madeira dan calidez ao ambiente. Conservan as varandas dos balcóns da época de fundiciones Sargadelos XVIII- XIX e cada unha das habitacións está dedicada a barrios ou recunchos de Ribadeo.

HOTEL

O seu privilexiado enclave, en pleno centro histórico de Ribadeo, fronte ao Parque de San Francisco, convérteo nun lugar ideal para as viaxes de negocio como de lecer e para gozar da natureza, a Ría de Ribadeo, Praia de As Catedrais, e a Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón¨.

HOTEL

O Hotel Ros Mary, totalmente reformado no ano 2020, está situado no número 5 da Rúa San Francisco, no centro de Ribadeo. En pleno centro histórico da vila, famosa pola súa arquitectura indiana, a súa gastronomía e a tan só 15 minutos da Praia das Catedrais.

HOTEL

Reformado en 2017, atópase no centro de Ribadeo xunto ao camiño que conduce a Compostela. Ademais de hotel con 17 habitacións, conta tamén cuns modernos e cómodos apartamentos e cun espazo, El Refugio, pensado para o peregrino.

HOTEL

Situado no centro de Ribadeo e excelente punto de partida para visitar a Mariña Lucense e gozar das súas praias, paisaxes, arquitectura, gastronomía e xentes.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER