Laberinto cun divertido percorrido ata chegar ao mirador onde gozar dunhas espectaculares vistas da costa e a montaña. Circuito de xogos tradicionais e modernos para nenos e adultos e actividades lúdicas con monitores. Espazo de bebidas, xeados e snacks. Puntualmente organizan paseos guiados polas cetarias de Rinlo, xornadas gastronómicas, exposición de artesanía, etc.