Turismo Activo

Ribadeo e a súa contorna é un paraíso para a práctica de todo tipo deportes ó aire libre. Sendeirismo, ecoturismo, paseos en barco, surf, kitesurf, canoas, piraguas, vela, mergullo ou parapente… son algunhas das actividades que podes realizar nesta inigualable paraxe natural.

ECOTURISMO

En Ribadeo atoparás empresas que desenvolven actividades turísticas comprometidas coa protección do medio ambiente e que realizan diversas actividades, como a interpretación da nosa contorna a través de visitas guiadas.
Desta maneira, gozarás dalgúns dos espazos naturais máis valiosos da zona e do noso recoñecido patrimonio natural (ZEC As Catedrais, o ZEC Ría de Ribadeo e a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón) e aproveitarás ó máximo a túa visita á vez que conservas os valores ecolóxicos e paisaxísticos.

DEPORTES ACUÁTICOS

Como non podía ser doutra maneira no municipio, tanto se es debutante, iniciado ou experto, nas nosas empresas atoparás todo o necesario para aprender e practicar deportes acuáticos nas condicións que mellor se adapten ás túas necesidades. Vela lixeira ou latina, cursos de surf, kitesurf, wakeboard, wakesurf ou esquí náutico para iniciarse nestes deportes e evolucionar con toda seguridade; ou actividades de mergullo e pesca deportiva, converten a Ribadeo no destino número un para os afeccionados a estes deportes.

E se hai un sitio en Ribadeo ideal para o lecer de maiores, novos, pequenos, ribadenses ou estranxeiros, este é o porto deportivo de Porcillán.

Porcillán sitúase nun enclave privilexiado, a ría de Ribadeo, e é un lugar ideal para a práctica de todo tipo de deportes náuticos e subacuáticos. Conta cunha contorna natural espectacular e unha infraestrutura moi completa. Así, é posible alugar embarcacións e amarres, dar paseos nunha lancha de pasaxe, e practicar todo tipo de deportes acuáticos. Todo isto, xunto co seu paseo marítimo e os seus fantásticos restaurantes son algúns dos seus moitos atractivos.

Xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, son moitos os servizos que este club ofrece e múltiples as actividades que organiza dentro das súas diferentes seccións: vela, actividades subacuáticas e pesca deportiva. Un dos seus clásicos é a “Semana Náutica”.
Organizada no mes de agosto, durante a mesma realízanse regatas a vela, concursos de mergullo, concursos de pesca e actividades destinadas a todo ó público en xeral.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER