A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría danlle ao viaxeiro a posibilidade de poder gozar dunha gran variedade de pratos, onde o polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única. Acompañados polas verduras e hortalizas da nosa horta converten a Ribadeo nun destino gastronómico de primeiro nivel.