As Catedrais

A Xeo-ruta dos arcos comeza no carreiro natural que discorre ao longo da praia das Catedrais ou Augasantas, espazo catalogado “Monumento Natural”.

Esta praia está constituída por unha alternancia de capas de lousas e cuarcitas, con máis de 450 millóns de anos de antigüidade e orixinadas no hemisferio Sur, no lugar no que hoxe en día se atopa a illa de Tasmania.

Nesta praia, poderemos observar como a erosión mariña sobre o cantil dá lugar á formación dos famosos arcos rochosos das Catedrais. Trátase dun proceso no que o punto de partida é unha fractura na rocha,a partir da cal, debido á súa debilidade, se van formando as furnas, os túneles, os ollos, os arcos e finalmente os illotes.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER