Praia de Esteiro

O litoral ribadense caracterízase pola súa infinidade de entrantes e saíntes que forman pequenas praias, un claro exemplo é esta praia, unha das máis singulares pola súa orografía en forma de arco.

A súa situación favorable ante os ventos da zona, fai que a súa afluencia sexa das máis altas durante os meses de verán.
súa ondada é moderada aínda que segundo a marea é posible ver cubrirse toda a praia polo mar. Está composta de roca e area branca.

Está illada, pero dispón de aparcadoiro xunto á estrada costeira e é de fácil acceso. Dispón de servizos básicos: servizo de socorristas, vestiarios, duchas, papeleiras e limpeza no verán.

Hai que ter moito coidado con achegarse á base dos cantís, a costa é moi activa e poden ocorrer desprendementos de rocas.
A praia de Esteiro forma parte do Monumento Natural das «Catedrais» .

RibadeoXQSi

GRATIS
VER