As poderosas augas do mar Cantábrico labraron, ao paso dos séculos, o que hoxe se antolla como capricho da natureza. Con formas imposibles, as rochas da praia das Catedrais sorprenden porque se asemellan máis a un decorado minuciosamente trazado, que a unha sucesión de grutas, pasadizos e arcos, converténdose nunha das praias máis bonitas do mundo.
O seu topónimo orixinal, Praia de Augasantas, débese, probablemente, á antiga presenza dun manancial de augas medicinais con propiedades milagrosas.