Praza de Abaixo

Este foi un dos centros da vida ribadense durante séculos. Foi primeiramente a Praza Maior, máis tarde Praza da Constitución e Praza de Isabel II, pero sempre se mantivo o seu nome popular de “ Praza de Abaixo”. No s. XVIII non tiña máis que dúas entradas: a rúa Trindade e a Rúa Maior. Neste século abriuse unha terceira rúa para facilitar a entrada dos carros que traían as mercadorías do mercado.

Na actualidade, asómanse a esta praza algúns magníficos edificios que recollen toda a historia da vila. Pode admirarse unha vista insólita da Torre dos Moreno, situada no solar que antigamente ocupaba a fortaleza e castelo da vila. En fronte, o antigo cinema Colón, exemplo da arquitectura art decó (1930).

ANTIGO CONSISTORIO

Ó outro extremo da mazá, o antigo consistorio loce as armas da cidade e as da Coroa ( s.XVI‐XVIII). Edificouse en 1568 ó caer en ruína a casa que estaba en Porcillán. Foi reedificada nos últimos anos dos.XVIII cando se colocou o balcón de ferro fabricado en Sargadelos que aínda hoxe se pode observar. Foi tamén xulgado comarcal. Fronte a el, a Indiana Casa de don Clemente.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER