A vinculación dos Miranda con Ribadeo é antiga. Xunto con outras familias fidalgas, foron os maiores comerciantes marítimos de madeira durante os séculos XVI e XVII, con destino principal ós portos de Sevilla, Cádiz e Lisboa. Así mesmo, esta familia de armadores era moi coñecida polo comercio con liños do Báltico. Os Miranda emparentarán con outras grandes familias da época como os Osorio ou Villamil, chegando a ocupar importantes postos de responsabilidade na vila.