Pazo de Guimarán

Este pazo barroco do século XVIII, fundado por Bernardo Rodríguez de Arango e Murias Mon -alcumado «O Indiano»-, está presidido por unha torre na que se apoian dous corpos destinados á vivenda e un muro almenado que rodea o conxunto.

LA CAPILLA

O pazo conta cunha capela que se pode observar na parte traseira do edificio. Está consagrada á Virxe do Rosario de Chiquinquirá, patroa de Colombia. Próximo, un xardín con especies exóticas e un horto.

ESCUDO

Destaca no interior este magnífico escudo formado por unha pedra armeira central, rodeada de catro pedras de cantería talladas. Está timbrado cun casco de fidalgo antigo con seis plumas e, ós lados do casco, follas de carballo abertas. Na parte inferior, resalta a cabeza dun doncel con rizos.

MARQUÉS DE SARGADELOS

Aquí traballou como mordomo o ilustre Marqués de Sargadelos. Encargado de diversas xestións en Cádiz, comprou unha partida de aceite que o señor de Guimarán non quixo, concedéndolle un prazo para vendela pola súa conta. Co beneficio, emprendeu os seus negocios como comerciante.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER