Casa de Abaixo

Este importante edificio foi edificado por Francisco Antonio de Bengoechea, comerciante mariño de orixe vasca que se establece en Ribadeo en 1839 e crea a “Casa de Banca e Comercio Bengoechea”, adicada á actividade comercial, navieira e bancaria a comezos do s. XIX e que funcionaría durante máis dun século. É coñecida popularmente como “Casa de Abaixo”, en contraposición á casa de Antonio Casas (antigo Pazo de Ibáñez) que se coñecía como “Casa de Arriba”.

Bengoechea chegou a contar con trinta e tres barcos mercantes de diferentes tipos. Cos máis pequenos, facía negocios centrados na navegación de cabotaxe e cos máis grandes, navegaba por tódolos mares, con liñas regulares ó mar Báltico e ó mar Caribe especialmente. 

De tendencia liberal, participou no levantamento de 1843 formando parte da Xunta Provisional de Goberno de Ribadeo.

Trala súa morte, en 1868 herda a empresa quen ata ese momento fora o seu administrador, José María Martínez Marzo, coa condición de que engadise Bengoechea ó seu apelido. Sendo a partir de aquí Martínez-Bengoechea e chegando a ser alcalde de Ribadeo no ano 1868. Por herdanza, pasa a mans de D. Ramón Bustelo, avó de Leopoldo Calvo Sotelo, expresidente do goberno, quen pasou parte da súa infancia neste nobre caserón.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER