Biblioteca El Viejo Pancho

A biblioteca recibe o seu nome do escritor local José María Alonso Trelles, emigrado a América e considerado un dos escritores máis representativos das letras uruguaias.
Este edificio foi en orixe a Escola de Náutica e Comercio (1844-1875) promovida pola Sociedade de Fomento, reflectindo a gran importancia das navieiras e o transporte marítimo na economía da vila.

Nesta institución formouse o oficial Fernando Villaamil, que pasou á historia naval de España por varios motivos: por ser o creador do primeiro buque de guerra contratorpeideros “O destrutor”; por realizar a primeira circunnavegación no buque escola español “ Nautilus”; e pola súa histórica morte no desastre do 98, na batalla naval de Santiago de Cuba da guerra hispano-estadounidense. Posteriormente, aquí estivo instalado e Colexio San Luís, dedicado ó ensino da pilotaxe e o comercio marítimo, que alcanzou gran sona.

Actualmente acolle á biblioteca municipal que dispón, na planta baixa, de sala de lectura xeral, hemeroteca, depósito e sala infantil. Na planta superior atópase a Sala Dionisio Gamallo Fierros, que alberga uns 12.000 volumes, a Sala Iberoamericana e de Fondo Antigo, sala de informática e un segundo depósito.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER