Antiga Aduana

Edificio singular do século XVIII que se alza sobre o embarcadoiro de Porcillán, situado no porto de Ribadeo. Na súa orixe foi un casarón particular pertencente a Don Carlos Acevedo Pardo. Nela residiu tamén Pedro Miranda Villamil, exitoso comerciante contemporáneo de Raimundo Ibáñez.

Trátase duha constricción de porte señorial de tres plantas, cunha fermosa fachada de estilo barroco borbónico conformada por tres grandes arcos de medio punto e vans. Na súa parte traseira conta cunha torre monumental rematada nun magnífico corredor. No seu escudo figura a data de 1726.

O edificio tivo diferentes usos, sendo alugado para aduana durante un tempo, a partir de 1800, cando se constrúe o embarcadoiro e unha rampla en Porcillán. Os amplos baixos da casa servían de almacéns e alfolí (almacén de sal). Chegou a ser a terceira aduana en canto a volume de recadación do Reino de Galicia, por detrás das de Coruña e Ferrol.
Na actualidade segue habendo en Ribadeo tráfico marítimo comercial, sobre todo de madeira, pasta de papel, caolín e outros áridos. Hai un posto de control aduaneiro e a oficina da Aduana -situada á beira do Pazo de Ibáñez- é a única da provincia de Lugo.

O edificio da antiga aduana foi tamén fábrica de salgadura e albergou ás clarisas do convento de Santa Clara cando este foi ocupado polas tropas francesas durante a invasión napoleónica. Nos anos vinte e trinta, durante a II República, estivo adicada a Escola de nenos e nenas ata que comezou a Guerra Civil.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER