En Galicia forma extensas matogueiras, en ocasións asociados a breixos. Ao ser unha especie pioneira e colonizadora, e soportar ben os chans pobres, estendeuse moito en toda a cornixa cantábrica e atlántica.
Ademais, viuse favorecida polos abundantes incendios, xa que é unha especie pirófita, é dicir, responde bastante ben tras un incendio, pois rebrota de raíz e vese favorecida na xerminación das súas sementes.