Un novo castelo edificouse en 1774 polos enxeñeiros Verxel e Arrol, dotándoo con canóns traídos dende Sevilla. O seu coidado, dende entón, estivo en mans tanto dos soldados como da poboación de Ribadeo, que se alternaban nas gardas.
Unha vez máis foi destruída a fortaleza no ano 1809, nesta ocasión, a mans de tropas napoleónicas, quedando moi afectada xa que voaron a polvoreira.