Está localizado na parroquia de Vilaselán, Concello de Ribadeo, na paraxe coñecida como Morgullón, nun promontorio a uns 20 metros sobre o nivel do mar.
Ten unhas dimensións aproximadas de 230 x 180 metros, unhas dúas hectáreas de superficie que quedarían separadas mediante tres fosos defensivos, de entre 8 e 10 metros de anchura cada un, que se poden distinguir sobre o terreo cun breve paseo. E estes parecen ser os que lle dan o nome de «Grobas» ao castro, xa que o termo alemán que significa foso é: “Grube”.