Esta contorna natural está constituída por cuarcitas e lousas, rochas orixinadas fai aproximadamente 500 millóns de anos atrás nas costas do hemisferio Sur.
Esta base rochosa ten soportado ao longo do tempo a acción dos movementos tectónicos, das sucesivas fases de inundación e retirada do mar, e a actuación dos axentes erosivos terrestres, dando lugar todo iso á singular planicie que hoxe contemplamos esborrallándose sobre o Cantábrico. Esta superficie coñécese como a rasa costeira que se estende dende Burela ata San Vicente de la Barquera.