O Cargadoiro

Este fantástico miradoiro que se asoma á ría de Ribadeo é en realidade un cargadoiro de mercadorías de comezos do século XX.

A inicios do século XX, entraron en funcionamento as minas de limonita de Vilaoudriz, na Pontenova, o que supuxo un fito para a economía de toda a Mariña Oriental. A demanda de minerais de ferro na época foi aumentando debido ao incremento da actividade industrial e acelerouse co estalido da Primeira Guerra Mundial. O destino desta produción foi principalmente Inglaterra. Coincidindo coa Guerra Civil Española e pola escaseza de carbón, os fornos tiveron que apagarse.

A liña de tren, denominado A Chocolateira, tiña unha lonxitude de 34 km e estivo a transportar tanto mercadorías como persoas ata o ano 1964, a pesar do peche das minas a finais dos anos 50.

O cargadoiro, con 55 m de lonxitude, apóiase sobre tres piares, e dispoñía de dous depósitos de material, sendo capaz, en pleno funcionamento, de cargar ata 2.000 toneladas de mineral por cada oito horas traballadas.
Hoxe substituíuse toda a súa estrutura metálica, que era de dobre vía, por unha de madeira para o seu uso recreativo.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER