Castro das Grobas

Está localizado na parroquia de Vilaselán, Concello de Ribadeo, na paraxe coñecida como Morgullón, nun promontorio a uns 20 metros sobre o nivel do mar.
Ten unhas dimensións aproximadas de 230 x 180 metros, unhas dúas hectáreas de superficie que quedarían separadas mediante tres fosos defensivos, de entre 8 e 10 metros de anchura cada un, que se poden distinguir sobre o terreo cun breve paseo. E estes parecen ser os que lle dan o nome de «Grobas» ao castro, xa que o termo alemán que significa foso é: “Grube”.

O seu límite norte constitúeo o mar Cantábrico e o illote de Penedo da Ínsua, que debeu estar unido a terra firme nos tempos fundacionais do castro, seguramente no século II antes de Cristo.
Segundo algúns historiadores, este sería o lugar de onde se extraeu a famosa “Diadema de Ribadeo”, unha das obras máis importante da ourivaría prerromana na zona.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER