Casa dos Andés


É un exemplo paradigmático de arquitectura ecléctica, pois funde elementos procedentes de diversos estilos. Foi construída en 1900.

O elemento máis significativo desta elegante vivenda é a implementación de ferro forxado e vidro, que se complementan para dar forma a dous miradoiros, ou galerías, que presiden a súa fachada principal, erixíndose o superior sobre a liña da cornixa e nutrindo de luz a planta da baixo cuberta.

Este tipo de estruturas constitúen solucións singulares e pouco comúns debido á susceptibilidade que presentan fronte ós cambios de temperatura, e o pouco apropiado que resulta o ferro para o clima húmido e marítimo.

É significativo o virtuosismo co que se traballan as distintas pezas de ferro fundido. Á altura do zócalo os elementos preséntanse profusamente torneados e na parte superior os motivos florais e outras filigranas coroan a pequena cornixa. Flanqueando o miradoiro da segunda planta ábrense cada un dos vans protexidos por un antepeito igualmente concibido en ferro.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER