GASTRONOMÍA

Ribadeo destaca pola calidade dos seu establecementos turísticos e dobre todo polos seus restaurante e locais de tapeo.

A calidade dos produtos do noso mar e da nosa ría danlle ao viaxeiro a posibilidade de poder gozar dunha gran variedade de pratos, onde o polbo, as navallas, as luras da ría, o mero, o sargo ou a robaliza fan de cada degustación unha experiencia única. Acompañados polas verduras e hortalizas da nosa horta converten a Ribadeo nun destino gastronómico de primeiro nivel.

Dentro da gastronomía local cabe facer fincapé nos afamados doces conventuais das Clarisas ribadenses, en produtos como a Torta das Catedrais e nos tradicionais Chocolates Moreno que datan de principios do século pasado.

FESTA DO PERCEBE

Entre o mes de xullo e agosto, en función das mareas, celébrase na localidade de Rinlo (San Pedro) a Festa do Percebe, onde se poden degustar este e outros mariscos nos establecementos e na carpa instalada para a ocasión no enclave mariñeiro.

FESTA DA CARNE Ó CALDEIRO

A Festa da Carne ó Caldeiro celébrase no mes de agosto no val de Remourelle (Arante), onde ten lugar unha degustación popular dese tradicional prato (tenreira galega cocida con pemento). A convocatoria e a organización corren a cargo dos veciños e do local comercial e hostaleiro do enclave, onde a gandería é o eixo da vida económica.

RIBADEO DE TAPEO

Cada ano celébrase o evento Ribadeo de Tapeo, que anima a degustar a cociña ribadense en pequenas doses nos diferentes locais participantes. Ó redor deste evento teñen lugar diversas iniciativas e concursos, como o Concurso de Microvídeo, a Escapada Gastronómica e a Campaña destapemos a igualdade.

RibadeoXQSi

GRATIS
VER