No extremo oriental da praia, na Punta As Chas atopamos o maior conxunto de arcos da costa ribadense. Neste lugar a presenza dun gran número de microfracturas nas rochas posibilitou que a erosión mariña desgastara o macizo rochoso dunha forma máis acastelada, así como a formación dun maior número de arcos. Un feito moi excepcional no litoral de Ribadeo.